As Ondas do Miño é un proxecto de innovación educativa que levamos a cabo no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro; e que consiste na creación dun grupo de comunicación audiovisual que conta con xornal escolar, canle de televisión e programa de radio. Todo esto realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.
Aquí vos deixamos o último programa de As Ondas do Miño Tv, un proxecto audiovisual en galego no que participan todos os nenos e nenas do cole de Crecente; simulando un "magazine televisivo"
no que alternamos noticias, reportaxes, seccións cuturais, etc.
Este é un dos pilares que conforman "As Ondas do Miño Comunicacións"; o noso proxecto de comunicación audiovisual en galego; e que consta de tres partes: o programa de tele online, que vos presentamos ágora; un programa de radio, RadioSieiro, que publicaremos a próxima semana; e un xornal escolar, O Rebusco, que se entrega a final de curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario