domingo, 12 de enero de 2014

As Ondas do Miño - Programa 3

E por fin chegou o 3º programa de As Ondas do Miño.

Nesta ocasión foi presentado maxistralmente polos nenos e nenas do 1º Ciclo de Primaria.

Non vos perdades as diversas seccións que enchen este programa:

-Reportaxe ampla sobre a Semana Cultural, destacando a visita a Residencia da 3ª Idade de Crecente; a Bibliofesta cos pais e nais; ou o festival de Nadal, no que nos visitaron os nenos da Galiña Azul.

-Entrevista ao grupo Mel de Meiga, que nos ofreceu un concerto exclusivo.

-Presentación do Clube de Xadrez, a cargo da profe de Ed. Física.

-Os Pequenos Cativos achégannos unha  reportaxe sobre a Biblioteca que non vos podedes perder.

-E moito máis...

Temos que dar as grazas a todos os mestres, mestras, pais e nais que colaboraron na realización deste programa, xa que moitas das actividades que presentamos (saída á Residencia; Bibliofesta; Obra de Teatro, preparación de guións cos nenos e nenas...) non serían posibles sen a súa axuda e apoio.

Disfrutade co 3º Programa de As Ondas do Miño.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario