Que é isto???

As Ondas do Miño Comunicacións é un proxecto en innovación educativa, que xorde no Equipo de Dinamización Lingüistica, ante a necesidade de fomentar o uso da nosa lingua, o galego; e a integración das TICs no proceso educativo.  Consiste na creación dun "grupo de comunicación audiovisual" (Atresmedia, Prisa ou Planeta); no que tentamos dar saída a tres medios de comunicación de masas: prensa, radio e televisión. 

O proxecto susténtase en tres pilares fundamentais:

O uso do galego
Estamos perdendo pouco a pouco a lingua como sinal de identidade cultural, coa que moi poucos rapaces se identifican hoxe en día. Esta iniciativa pretende proporcionar un "campo de práctica"; e amosar  o galego como un medio foi adecuado de comunicación de ideas e experiencias, moderno e intimamente ligado ao mundo tecnolóxico e da comunicación audiovisual.

Aumento das capacidades expresivo-comunicativas
Ademáis, a través esta iniciativa estamos a  melonar a competencia lingüística e o nivel de lectura e redacción do noso alumnado, a través do deseño de guións e a súa posterior grabación. Falar ou ler diante dunha cámara non é tarefa fácil. Require moita concentración e desinhibición; e permite aos nenos e nenas adquirir estratexias e técnicas de expresión e comunicación en público.

Emprego das TIC no proceso educativo
Por outra banda, outros dos obxectivos fundamentais deste proxecto consiste na creación de materiais audiovisuais (vídeos e/ou audio); empregando como principio metodolóxico a "grabación como recurso de desenvolvemento das competencias básicas"; o que nos permite traballar moi de preto coas novas tecnoloxías, dunha forma dinámica e divertida. Os rapaces e rapazas serán, en moitas ocasións, os encargados de grabar e misturar as diferentes imaxes, vídeos e sons; adquirindo uns coñecementos e experiencia; e unha forma de traballar e aprender propios do Século XXI.



No hay comentarios:

Publicar un comentario