miércoles, 14 de diciembre de 2016

Evolución - Cap.3 - Neanderthal vs. Sapiens


Ahí vos queda ó último documental creado polo equipo da Aula i9. 
Este capítulo pecha o primeiro lote de documentais do Proxecto Historia adicado á Evolución.
Podedes ver os outros dous capítulos anteriores neste mesmo blogue.


ONDAS DO MIÑO TV. - ESPECIAL SAMAWEEN`16


Primeiro programa do curso 2016/2017
Presentado polos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.

miércoles, 29 de junio de 2016

Evolución - Cap.2 De Habilis a Erectus


Segundo capítulo do Proxecto Historia, que estamos a levar a cabo dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole de Crecente. 

martes, 21 de junio de 2016

Doc. Historia - Temp 1: Evolución - Cap. 1 Australopithecus, o mono humano

Dende o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente presentamos esta serie de documentais sobre a historia da humanidade; unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; que pretende despertar no alumnado a curiosidade histórica e transmitir a importancia de coñecer ben o noso pasado para poder crear un futuro mellor.

Esta primeira temporada leva por título Evolución, un repaso á aparición e desenvolvemento dos nosos ancestros homínidos ata a aparición do ser humano moderno.

Neste primeiro capítulo repasaremos a aparición e evolución dos Australopithecus, os nosos ancestros primates.

sábado, 28 de mayo de 2016

ONDAS DO MIÑO TV. 2016

Tras moito traballo por fin podemos presentar o último programa da nosa "tv online"; no que alternamos reportaxes, entrevistas e diversas seccións de carácter cultural. 
Esta actividade colaborativa foi coordinada e dirixida conxuntamente polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca Escolar; e nela participan todos os nenos e nenas do cole, de todas as idades e cursos.
Ademais compre lembrar que a nosa tv, ao igual que o programa de radio, os xornais, os videocontos, e demais proxectos que levamos a cabo dende As Ondas do Miño e dende o blogue principal, Os Ollos do Minho Producións, forman parte dun proxecto de innovación educativa que pretende o fomento do uso do galego; e o desenvolvemento das competencias lingüísticas  (lectura, dramatización, expresión, improvisación, etc) e dixitais (manexo de cámaras, software de edición, etc); e que recentemente obtivo un gran recoñecemento por parte das institucións educativas. 

Disfrutade cos vídeos!!








domingo, 6 de marzo de 2016

O MUNDO EN CÓMIC - TINTÍN

Un pequeno adianto do programa  As Ondas do Miño Tv. que estamos a grabar e realizar no cole de Crecente. Neste caso os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria fan un especial sobre unha das personaxes máis entrañables do noveno arte: o reporteiro Tintín.