viernes, 13 de noviembre de 2015

RADIOSIEIRO - 1º PROGRAMA

Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.



Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.





 Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie  de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer. 

Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.


Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.

Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.

Esperamos que vos gusten!!!!






miércoles, 28 de octubre de 2015

RADIOSIEIRO

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

Esta semana comezamos a grabación do primeiro programa na biblioteca escolar, que foi dirixido polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos que nos está a deixar esta experiencia.


martes, 2 de junio de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

Ondas do Miño 8 - Especial Día Internacional da Muller

Ahí vos deixamos o último capítulo do noso proxecto en comunicación lingüística en galego; un programa especial, ao que chamamos Mestras de Mestras; e que está adicado a todas as mulleres que contribúen diariamente a que este sexa un mundo mellor.

Disfrutade coas Ondas do Miño.


viernes, 27 de marzo de 2015

Ondas do Miño 7.4 (2014-2015)

Cuarta e derradeira entraga do noso programa número 7. Nesta ocasión centrado na reportaxe da Semana Cultural.
Esperamos que vos gustara e seguiremos traballando para ofrecervos os mellores contidos audiovisuais.

Gracias a todos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente por participar e facer realidade este proxecto de innovación educativa.


lunes, 23 de marzo de 2015

Ondas do Miño 7.3 (2014-2015)

Terceira parte do novo programa de "As Ondas do Miño"

Disfrutade da reportaxe sobre o Magosto 2014 e a sección Mestre de Mestres, adicada ao genio da música barroca, Johann Sebastian Bach.



miércoles, 18 de marzo de 2015

Ondas do Miño 7.2 (2014-2015)

Segunda parte do noso novo programa.
Neste capítulo disfrutaremos das seccións "Pequenos Cativos" e "Un chisco de ciencia"; así como dalgunha sorpresa.


lunes, 16 de marzo de 2015

ONDAS DO MIÑO 7.1 (2014-2015)

Por fin podemos estrear o primeiro programa do curso 2014-2015, o séptimo no historial de As Ondas do Miño. O traballo foi duro pero cremos que o resultado merece a pena.

Máis de 20 minutos de "magazine" dividido en catro capítulos que iremos colgando pouco a pouco.

Neste post, deixamos a primeira parte, coa intro e a reportaxe sobre Samaween.

E lembrade que todo o que vedes é realizado polos nenos e nenas do Ceip Manuel Sieiro de Crecente, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Que disfrutedes de As Ondas do Miño!!!


martes, 24 de febrero de 2015

Homenaxe a Rosalía

Dende As Ondas do Miño e o cole Manuel Sieiro de Crecente, queremos rendir unha sincera homenaxe á nosa poetisa máis universal, Rosalía de Castro, polo seu 178 cumpreanos.

Esperamos que os guste!!!



martes, 10 de febrero de 2015

CRECENTE EN LETRA - nº 2

Xa está aquí o segundo número da nosa revista escolar, "Crecente en Letra".

Non vos perdades as reportaxes, artigos, ..., e moitos máis contidos, elaborados polos nenos e nenas do cole de Crecente.

Este número, ademais, será distribuído por diversas institucións da vila, como a Residencia da 3ªIdade, a Biblioteca escolar ou o Concello; para que poida chegar o maior número de veciños posibles.

Disfrutade da lectura!!!




sábado, 31 de enero de 2015

Crecente en Letra nº1

Xa está aquí a última creación de As Ondas do Minho: un xornal escolar no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do cole; e que será o complemento perfecto, e por escrito, do nos programa.
O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Cada dous meses achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...); e que repartiremos por distintas institucións do pobo de Crecente (Residencia da 3ª Idade, Concello, Biblioteca, etc), á disposición de toda a comunidad de veciños, non só a escolar.

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.